Cuando no sabemos todavía como se podrá retirar toda la simbología fascista de los espacios públicos con esta Ley de la Memoria, que deja la decisión última en manos de la entidad o persona responsable de ese espacio, vienen los despropósitos ¿democráticos?. No teníamos bastante y parió la Transición que no cesa. Ahora resulta que nos ponen nuevos monumentos y placas falseando la realidad, y algo nos hace sospechar que no se trata sólo de ignorancia. Es indignante que después de la Ley de la Memoria, Anos da Memoria y otras iniciativas del mundo institucional, publicitadas como recuperadoras verdad, que es la mejor manera de hacer justicia a las víctimas, vengan a falsear la historia en el 2008. Es imperdonable. ¿Qué ley tendremos que crear para acabar con los actos conmemorativos de cara a la galería política y faltos de todo rigor histórico? ¿Qué tendremos que hacer para acabar con la mentira subvencionada? ¿Tendremos que hacer como los fascistas que atentan contra todo tipo de escultura, monolito o placa en honor a nuestros héroes y nuestras víctimas? ¿Qué solución hay que dar a situaciones como estas?
Aspecto del monolito del Cabral, Vigo, inaugurado en septiembre de 2007
O Colectivo Republicano de Redondela, o Instituto de Estudios Miñoranos, a Asociación Verbo Xido, o Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo-Cangas pola Memoria, a Asociación pola Recuperación da Memoria do 36 de Vigo, a Asemblea Republicana de Vigo, a Asociación Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas e a Sociedade Galega pola República, xunto cos investigadores Dionisio Pereira, Carlos Meixome, Bernardo Máiz, Xosé Álvarez, Roberto Gil e Gonzalo Amoedo aprobaron o seguinte manifesto:
Ante a noticia de que a madrileña Fundación Domingo Malagón vai inaugurar un monolito no paseo marítimo de Cesantes, fronte a illa de San Simón, na memoria dos presos polo franquismo, as diversas asociacións e personalidades que asinan, comprometidas coa recuperación da memoria antifranquista en Galicia, manifestan a súa repulsa ante o que consideran un acto de "turismo histórico", e puntualizan o seguinte:
1º.- A Fundación Domingo Malagón non contou nin pediu asesoramento ás asociacións da comarca, asesoramento que lle houberan dado sen problema, se o houbesen pedido.
2º.- Dita Fundación vai colocar unha placa nun sitio que non é lugar de memoria.
3º.- A mensaxe que deixarán gravada expón datos que non se corresponden co que foi a realidade do penal.
4º.- A madrileña Fundación Domingo Malagón ignora, supoñemos que de forma inconsciente, se fose conscientemente sería gravísimo, que en Galicia hai unha lingua propia, o galego, falada ou entendida polo 99% da poboación e vai ser inaugurado polo alcalde de Redondela, tan defensor da lingua galega.
5º.- A Fundación vaille dar protagonismo a xentes que están contra a recuperación da memoria. Nomeamos expresamente ao alcalde de Redondela, quen ven dando largas ao asunto de realizar un monumento dedicado aos 21 paseados no Alto da Concheira dende hai 3 anos.
Logo de tantos anos nos que a historia foi pervertida, ignorada e modificada polo franquismo e os seus continuadores, non podemos consentir que agora veñan outros, tocando de oído e en actitude centralista e antidemocrática, que ignora, unha vez máis, que os da periferia tamén existimos, e fabricando unha realidade que nunca foi como pretenden contar e aínda quedan familiares das vítimas coas que poderían contactar.
Por último, reiterarnos que o facilitar que xentes de talante antirepublicano, antidemocrático e falsario sexan os que corten as cintas inaugurais é unha perversión ante a que non podemos calar, baixo risco de converter a recuperación da memoria antifranquista nun acto en mans de ruíns e facérmonos cómplices.
Todos os asinantes declinan asistir a tal acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario